Política de privacidade

Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?

Os datos persoais facilitados ao contactar serán tratados por MUKI XOGOS, como responsable do tratamento, cos datos de identificación e contacto indicados no apartado de aviso legal deste portal.

Que datos persoais tratamos?

En MUKI XOGOS tratamos os datos persoais coa finalidade de xestionar a relación con cada persoa cando así se teña consentido e para a xestión solicitada por cada interesada.

Como obtivemos os teus datos de carácter persoal?

Os teus datos de carácter persoal obtivémolos ou ben porque nos mandaches un e-mail a través da web, ou ben porque mandaches un formulario de contacto.

Para que tratamos os teus datos persoais?

Tratamos os teus datos de carácter persoal para xestionar as compras que realces a MUKI XOGOS por calquera canle que poñamos á túa disposición (tenda online ou física) e cumprir coas obrigas legais e fiscais.

Así e todo, podes retirar o teu consentimento, tes dereito a retiralo en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada. Para iso, envía un correo a info@mukixogos.com.

Durante canto tempo gardaremos os teus datos?

Os datos persoais proporcionados conservaranse catro (4) anos logo de ter finalizada a relación con MUKI XOGOS (ou retirado o teu consentimento). É posible que se nos esixa utilizar e reter información persoal por motivos legais e de cumprimento, tales como a prevención, detección ou investigación dun crime, en particular branqueo de capitais e prevención do terrorismo. Tamén é posible que utilicemos información persoal para cumprir cos requisitos de auditoría interna e externa, cos nosos obxectivos de seguridade da información, e de calquera outra forma que consideremos necesaria ou adecuada: (a) en virtude da lei aplicable, que pode incluír leis fóra do teu país de residencia; (b) para responder a solicitudes de tribunais, organismos de seguridade, organismos regulatorios e outras autoridades públicas e gobernamentais, que poden incluír ditas autoridades fóra do teu país de residencia; (c) para o cumprimento dos nosos termos e condicións, e (d) para protexer os nosos dereitos, privacidade, seguridade ou propiedade, ou os doutras persoas.

Cando e por que motivo podemos facilitar os teus datos a terceiros?

Non se prevén comunicacións de datos a terceiros, agás aquelas impostas pola normativa vixente en cada momento.

Se no futuro se realizasen outras cesións de datos persoais, recadaríase previamente o teu consentimento.

Cales son os teus dereitos?

Podes exercer en todo momento os teus dereitos coa finalidade de obter confirmación sobre se se están tratando datos persoais que che afectan. Igualmente, podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade -de ser posible-, enviando un correo electrónico a info@mukixogos.com