Muki Xogos

Entón… quen está detrás de Muki Xogos? Como xurdiu a idea?

Sobre mi

Son Muki, hai un tempo decidín unir dúas das miñas cousas favoritas: a montaña e os xogos, e comezar a desenvolver xogos relacionados coa escalada e o alpinismo. O primeiro resultado foi Cordadas: trasnadas camiño do cumio! Un xogo de cartas de temática montañeira.

O deseño orixinal do xogo era un xogo de mesa con taboleiro, fichas, dados e cartas, xogo que non descarto facer nun futuro. Pero, dinme conta de que eu na mochila só metía unha baralla de cartas, polo que decidín adaptar o xogo só a cartas. Logo, o deseño inicial do taboleiro converteuse nesta ocasión no envés das cartas.

A principios de 2023, lancei unha campaña de crowdfunding a través de Verkami para poder publicar a 1ª edición de Cordadas. A campaña foi todo un éxito!

En xuño de 2024, despois de 1000 xogos vendidos, saiu á venda a 2ª edición de Cordadas, o xogo de sempre pero con melloras de deseño e unha lingua máis. Esta edición ven en galego, castelán e ingles. Ademáis foi adaptado á persoas con dificultade para distinguir as cores, así xa non só se basea en cores se non tamén en símbolos.

En 2025, en colaboración con Álex Moro, desde Muki Xogos lanzamos outro crowdfunding para poder editar un novo xogo: Gorilas!!! Álex é monitor no rocódromo Movelab de Lugo e hai uns anos ideara un xogo para facer os adestramentos máis entretidos que se chamaba pé-man. Xuntos revisamos a dinámica do xogo e o deseño, Álex fixo novos debuxos e así naceu Gorilas, un xogo para xogar escalando.

Espero que vos gusten e poder seguir a sacar máis xogos nun futuro!

Tes algunha dúbida?