Aviso Legal
Identificación
O titular deste portal é MUKI XOGOS con ID fiscal nº 33345795G e sede en Lugar As Laceiras, 27338 Salcedo, A Pobra do Brollón, Lugo, España. Correo electrónico a efectos de comunicación info@mukixogos.com.
Condicións xerais de uso do portal
O acceso e uso desta páxina web e todos os subdominios e directorios incluídos baixo a mesma (en diante, conxuntamente denominados como o portal), así como os servizos ou contidos que, a través del, se poidan obter, están suxeitos aos termos que se detallan neste aviso legal, sen prexuízo de que o acceso a algún de devanditos servizos ou contidos puidesen precisar da aceptación dunhas condicións xerais adicionais.
Por iso, se as consideracións detalladas neste aviso legal non son da túa conformidade, rogamos non fagas uso do portal, xa que calquera uso que fagas do mesmo ou dos servizos e contidos nel incluídos implicará a aceptación dos termos legais recollidos neste texto.
As condicións e termos que se recollen no presente aviso legal poden variar, polo que te convidamos a revisar estes termos cando visites de novo o portal.
Reservámonos o dereito a realizar cambios no portal sen previo aviso, ao obxecto de manter actualizada a súa información, engadindo, modificando, corrixindo ou eliminando os contidos publicados ou o deseño do portal. Os contidos e servizos que ofrece o portal actualízanse periodicamente. Debido a que a actualización da información non é inmediata, suxerímosche comprobar sempre a vixencia e exactitude da información, servizos e contidos recollidos no portal.
Non nos facemos responsables dos danos ou perdas que se puidesen ocasionar por mor da utilización das ferramentas e informacións contidas nesta páxina.
MUKI XOGOS non será responsable do uso que terceiras partes fagan da información publicada no portal, nin tampouco dos danos sufridos ou perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso de devandita información.
Propiedade intelectual e industrial
O deseño deste portal e os seus códigos fonte, así como os imagotipos, logotipos, marcas e demais signos distintivos, así como as imaxes, sons e os textos, son de titularidade lexítima de MUKI XOGOS ou entidades colaboradoras, e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.
A información dispoñible neste portal, de non haber indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación para usos non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
- Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
- A persoa usuaria queda obrigada a citar a fonte dos contidos obxecto de reutilización e a data da última actualización dos contidos obxecto de reutilización.
- Declaramos o noso respecto aos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros, polo que se consideras que este sitio puidese estar a violar dereitos, pregamos te poñas en contacto connosco.
Responsabilidade dos contidos
MUKI XOGOS non se fai responsable da legalidade doutros sitios web de terceiros desde os que poida accederse a este portal.
Enlaces web ou hiperenlaces
MUKI XOGOS non responde pola legalidade doutros sitios web de terceiros, que puidesen estar vinculados ou enlazados dende este portal.
As persoas usuarias que se propoñan establecer un hiperenlace entre a súa páxina web e este portal deberán ter en conta que:
- O establecemento do hiperenlace non implica, en ningún caso, a existencia de relacións entre MUKI XOGOS e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación pola nosa banda dos seus contidos ou servizos. Por tanto, non se declarará nin se dará a entender que autorizamos expresamente o hiperenlace, nin que foi supervisado ou asumido de calquera forma a información ou o servizo ofrecido ou posto a disposición na páxina web desde a que se establece o hiperenlace.
- Non nos responsabilizamos de ningún xeito nin garantimos a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento do hiperenlace poida ofrecer. A usuaria asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso á páxina web do hiperenlace.
- A páxina web na que se estableza o hiperenlace non poderá conter ningún imagotipo, logotipo, marcas nin signo distintivo, así como tampouco imaxes, sons ou textos contrarios á legalidade ou aos principios e valores de MUKI XOGOS.
- A páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá informacións con contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptadas e á orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereitos de terceiros.
Frames
Prohibimos expresamente a realización de “framings” ou a utilización por parte de terceiros de calquera outros mecanismos que alteren o deseño, configuración orixinal ou contidos do portal.
Lei aplicable
A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do presente portal, será a lei española.
Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita ao portal ou do uso dos servizos que nel se poidan ofertar, nós e a persoa usuaria acordan someterse aos órganos xudiciais do partido xudicial de Santiago de Compostela (A Coruña), en España. E, de non ser posible legalmente, aos do partido xudicial correspondente ao domicilio da usuaria, sempre que o mesmo estea situado en territorio español.